Xornal
Xa está na rúa o noveno número de A Gaceta Ribadense, o xornal que edita Faro Norte Comunicación con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Desde este mércores estase a distribuír entre os negocios e institucións participantes, ademais de nos principais puntos de venda de xornais da vila ribadense.
Esta publicación, que conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares, é posible grazas ao gran apoio que recibe en cada edición por parte dos anunciantes, que neste número xa son máis de cen, e dos autores que colaboran cos seus artigos. Neste apartado conta con escritos de Aida Álvarez, Alberto Paraje, Begoña Sanjurjo, Carlos Álvarez Lebredo, María José Fernández Azpeitia e Pablo Rodríguez (Vivin).
Neste xornal recóllense tamén testemuñas e historias, en formato reportaxe ou entrevista, do pregoeiro...
leer másO quinto número de A Gaceta Ribadense, o xornal que se edita con motivo do Ribadeo Indiano, xa está na rúa desde hoxe, mércores.
A sexta edición do Ribadeo Indiano, que se celebra esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14, está dedicada a Cuba. Este país, ao que emigraron naquela época moitas persoas desta zona, tamén ten un gran protagonismo na publicación, que neste quinto número aumentou o número de colaboradores e conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares.
Nesta gaceta inclúese o programa de actos do Ribadeo Indiano e poderán ler artigos de novas firmas (Celia Castro, Carlos Arévalo, Álvaro Doural e Juan Fernández Andina) así como doutras que xa participaron en números anteriores: Antonio Fernández, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivín), María José Fernández Azpeitia, Carmen...
leer másXa está na rúa o cuarto número de A Gaceta Ribadense, o xornal ideado e deseñado por Justo García que publica Faro Norte Comunicación con motivo do Ribadeo Indiano. Nesta ocasión foron editados 4.000 exemplares de 32 páxinas, que se reparten gratuitamente nos case 90 establecementos colaboradores, en puntos de venda de prensa e polas rúas da vila ribadense durante o festexo.
Neste número da publicación hai artigos e entrevistas escritos por Antonio Fernández, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivin), María José Fernández Azpeitia, Carmen Cruzado e Beni Mántaras. Ademais inclúense textos sobre o Ribadeo Indiano asinados polo alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo, Francisco...
leer más