Romeo y Julieta

09/12/2025

O Concello de Burela anuncia a celebración do espectáculo de ballet Romeo y Julieta, que terá lugar o venres 26 de decembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela. O espectáculo, baseado na obra de William Shakespeare e coa composición musical de Serguéi Serguéyevich Prokófiev, forma parte da xira por España presentada por Leonor Gago.

“A peza traslada ao escenario a coñecida historia ambientada na antiga Verona, onde a rivalidade entre as familias Capuleto e Montesco condiciona o amor de dous mozos. O ballet percorre momentos clave como o primeiro encontro nun baile, o matrimonio secreto, o dó, o desterro ou o intento de fuga, nunha trama que avanza cara ao seu desenlace tráxico. A obra preséntase como un himno á xuventude e unha reflexión sobre o poder do amor fronte ao odio”, explica o Concello de Burela.

... leer más