punk folk

Etiquetas:
26/02/2026

Os grupos de punk folk Skontra e Bestas actuarán en Ribadeo este sábado, día 28 de febreiro. Será no Cine Teatro ás 21:30 horas.

Está organizado pola asociación Catro Caños, promotora do Vendaval Fest, que anuncia: “o vindeiro 28 de febreiro chega unha noite de puro punk e folk ao Cine Teatro de Ribadeo. Desde Xixón chega Skontra con toda a súa potencia sobre ó escenario; levan dúas décadas de historia dende a súa formación en 2001. O seu son mestura sen complexos ritmos punk, hardcore, ska e folk asturiano, creando un estilo único cheo de enerxía, celebración e unha mensaxe socialmente consciente. E desde A Coruña, Bestas, cun son fresco e directo, conectando a raíz ca modernidade, cunha forza salvaxe e divertida. Unha conexión instantánea co público para poder desfrutar do frenético directo”.