Cabalo
A Xunta de Galicia anuncia que o delegado territorial en Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación da VI Feira do Cabalo de Lourenzá, que se celebrará este domingo, 25 de outubro, coa colaboración do Goberno galego.
A feira, organizada pola asociación Cabaleiros de Lourenzá, comezará ás 9:00 horas e “volverá reunir afeccionados, criadores e xinetes nunha xornada dedicada ao mundo ecuestre e á tradición cabalar, con gran arraigo na comarca”, explica a Xunta, que engade: “a programación inclúe probas de andadura, un concurso morfofuncional de poldros e a celebración do Campionato Cabalo Marchador Galego. Durante a xornada haberá tamén compravenda de gando equino, vacún, ovino caprino e porcino, así como propostas dirixidas ao público infantil, entre elas paseos gratuítos a cabalo. Entregaranse ademais premios aos mellores exemplares...
leer másLourenzá acollerá este domingo, día 25 de outubro, a sexta edición da Feira do Cabalo, “unha cita que, ano tras ano, foi gañando protagonismo ata converterse nunha das celebracións de referencia do calendario festivo local. O evento está organizado polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Asociación de Cabaleiros de Lourenzá, unha entidade que desempeña un papel fundamental no impulso e na consolidación desta iniciativa”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
Ademais a rexedora municipal destaca que “desde a súa creación, hai xa uns anos, a Asociación de Cabaleiros de Lourenzá traballa para promover o mundo do cabalo de pura raza galega e contribuír á conservación e difusión desta raza autóctona. A súa implicación foi fundamental para impulsar a Feira do Cabalo e favorecer o seu crecemento, nun proceso no que a cita foi evolucionando...
leer másA Xunta de Galicia colabora coa V Feira do Cabalo que se celebrará o domingo 26 de outubro en Lourenzá. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación e confirmou o apoio do Goberno autonómico a un evento que “resalta e reafirma a tradicional relevancia do gando cabalar nesta zona da provincia”.
A feira, organizada polo colectivo Cabaleiros de Lourenzá, abrirase ás 9:00 horas e inclúe probas de andadura libre, un concurso morfo-funcional de poldros e a IV Final do Campionato Cabalo Marchador Galego. Ademais durante a xornada haberá mercado de compravenda de gando equino, vacún, ovino, caprino e porcino.
Outorgaranse distintos premios entre os participantes, ao que presente maior número de cabezas equinas, ou ao mellor exemplar de cabalo de tiro, pura raza árabe, pura raza española ou...
leer másA Xunta de Galicia apoia a cuarta edición da Feira do Cabalo que se celebrará este domingo en Lourenzá, organizada polo Concello. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que “reivindica a tradición cabalar desta zona -afirmou-, ao tempo que se converte en reclamo turístico e contribúe á dinamización económica local”.
Na feira, que comezará ás 9.00 horas, venderase gando equino e asnal. Ao longo da xornada sucederanse tamén competicións, como probas aparexadas de andadura serrada e chapeada ou concurso morfofuncional de poldros.
No acto de presentación participaron entre outros, a alcaldesa, Rocío López, e o tenente de alcalde, Javier Huertas.
A terceira edición da Feira do Cabalo en Lourenzá, que terá lugar o domingo 29 outubro desde as oito e media da mañá, foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e por representantes da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e do colectivo Cabaleiros de Lourenzá, creado recentemente.
A rexedora municipal comentou que “é unha boa iniciativa, que cada ano ten mellor aceptación e acollida. A participación de exemplares cada edición é maior e tamén asiste máis xente á feira. Este ano, ademais dos concursos que viñeron celebrándose nas anteriores edicións, tamén haberá presenza doutras especies de animais na feira. Agardamos que vaia consolidándose como un referente nas feiras dedicadas aos cabalos de pura raza galega e que sirva para seguir mantendo viva e presente esta raza de equinos”.
O...
leer másVilanova de Lourenzá acollerá este domingo, día 23, desde as 09:30 horas a segunda edición da Feira Exposición do Cabalo Galego, na que participarán exemplares procedentes das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. O evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e tres representantes da organización: Isabel Casariego, da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e os laurentinos Diego Terrón e Zaira Braña.
A alcaldesa, Rocío López, explica que se organiza esta segunda edición do evento polo éxito que tivo a primeira, celebrada en outubro do ano pasado, e destaca que se prevé que este domingo a participación de exemplares e a presenza de público aínda sexa maior.
Diego Terrón, que ten exemplares de cabalos galegos, resaltou que “é unha feira dedicada ao cabalo de pura raza galega e ao...
leer másLourenzá acollerá o vindeiro domingo 23 de outubro a segunda edición da Feira Exposición do Cabalo Galego, organizada pola Asociación de Criadores de Pura Raza Galega (Puraga) coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo.
Durante a xornada, no recinto feiral laurentino, celebraranse diferentes probas e certames morfolóxicos e de andadura, entre elas, as finais do Campionato Galego Morfolóxico Oficial de Pura Raza Galega de sementais e eguas, e tamén as probas finais do Campionato Galego de Andadura de Cabalo Marchador Galego, nas modalidades serrada e chapeada. O prazo de inscrición para participar nas probas permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de outubro.
A feira inscríbese no traballo de conservación e promoción do cabalo de pura raza galega que desenvolve Puraga desde a súa creacion, e incide...
leer más









