Espallando Letras
O pavillón de San Román, no concello de Cervo, acollerá o día 17 de maio, sábado, con motivo do Día das Letras Galegas, o II Festival Espallando Letras, organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo.
O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación de Cordenaia, de Airiños do Xunco (Cervo); As Grileiras que son o grupo infantil da S.C.R. Ledicia (Burela), As Ferriñas e As Faíscas de Os do 21 (O Vicedo), a asociación cultural Osorio Gutiérrez (Lourenzá) e Erikas e Peluxías (Grupo de Falapandeireta na Escola Vella de Rinlo). Ademais haberá racións de empanada e bolos preñados a prezos populares durante a tarde.
A cita foi presentada pola tenente de alcaldesa no...
leer más