Mentor
No día de hoxe tivo lugar a presentación da Aula Mentor de Barreiros.Un proxecto acadado mediante o convenio que o Concello de Barreiros subscribiu co Ministerio de Educación e Formación Profesional para o desenvolvemento de formación aberta, denominado “Aula Mentor”.
No acto estiveron presentes a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e os concelleiros Carmen Veiga e Antonio Veiga. Tamén contouse coa presencia de Manuel Pérez, empregado municipal, que actuará como responsable do proxecto da Aula Mentor en Barreiros.
Aula Mentor é un programa educativo flexible a través de internet co obxectivo de promover ofertas de aprendizaxe que permitan a adquisición de unidades competencia, e no seu caso, as correspondentes cualificacións profesionais para favorecer o acceso o...
leer más