Merenda
Mañá, sábado, rematan as véspera do Ribadeo Indiano cunha merenda campestre e co concerto de Roi Casal en Pedro Murias.
A concelleira de Turismo, Marta Saíz, explica que “comeza a conta atrás para a novena edición do Ribadeo Indiano. Levamos días celebrando as vésperas e as antevésperas con visitas teatralizadas, con obradoiros de doces, con monicreques na rúa… para ir creando ambiente e prepararnos para os días 12, 13 e 14 de xullo”.
A edil ribadense sinala que “mañá, 5 de xullo, teremos unha merenda campestre na granxa escola Pedro Murias, un lugar dunha beleza especial e no que a pegada indiana é evidente xa que a instalación foi levantada grazas á filantropía dun emigrante ribadense que fixo fortuna en Cuba e que da nome ao centro. A merenda dará comezo ás seis tarde. Animamos ás familias á levar as súas...
leer másDesde hoxe e ata o 14 de xuño pódense retirar no Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, os tíckets para asistir á merenda-cea do 50 aniversario, que terá lugar o 21 de xuño ás sete da tarde no recinto escolar.
Para proceder á recollida dos tíckets o horario establecido é de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 17 horas polas tardes na secretaría do centro. O prezo para os adultos é de 9 euros e para as nenas e nenos ata 12 anos de 3 euros.
Durante a xornada do 21 pola mañá, e organizadas pola Anpa A Faxarda, haberá unha xincana por diferentes espazos da vila que Gregorio Sanz adoitaba a frecuentar, na que participará alumnado de 3º a 6º de Primaria. As nenas e os nenos de infantil e de 1º e 2º de Primaria participarán noutra xincana dentro das instalacións do colexio e gozarán tamén dun espazo de xogo libre...
leer másA Praza do Concello de Mondoñedo acollerá un magosto tradicional o 6 de novembro, sábado.
As actividades empezarán ás 17:00 horas con merenda e decoración terrorífica, ás 19:00 horas haberá pasarrúas de Samaín acompañados da AC Os Foles. E ás 20:00 horas celebrarase un magosto tradicional coa música de AC Os Foles, Souto Xímaro e Os Carricantos.
Este evento está organizado pola Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación cultural O Pasatempo en colaboración co Concello de Mondoñedo e coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Este xoves, dá 19 de outubro, terá lugar unha merenda solidaria no Centro Social Torreón dos Frades ás 18:00 horas con motivo do Día mundial contra o cancro de mama. Está organizada pola Concellería de Servizos Sociais.
Na merenda solidaria haberá mantecadas e chocolate para todos os asistentes e os donativos serán entregados a Asociación Española Contra o Cancro. O Concello de Lourenzá agradece a colaboración de Pastelería Cabaleiros, que contribúe aportando as mantecadas para a merenda.
A alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, fan un chamamento a todos os veciños e veciñas de Lourenzá para que participen “neste acto solidario, en apoio a todas aquelas persoas que padecen e loitan por superar esta enfermidade. Por segundo ano consecutivo decidimos organizar esta cita, dada a boa...