Comunicación
Faro Norte Comunicación celebrará o seu dezaoito aniversario este sábado, 7 de marzo, cun parladoiro feminino denominado Experiencias de vida, que terá lugar ás 19 horas no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.
Desde Faro Norte explican que “quixemos celebrar o noso aniversario, a nosa maioría de idade, arredor do 8M co obxectivo de renderlle homenaxe á muller compartindo experiencias de vida das 18 mulleres que participarán no parladoiro feminino. Contaremos con autónomas, traballadoras por conta allea, xubiladas, empresarias, docentes, políticas en activo e outras que o foron hai máis de trinta anos, inmigrantes ou emigrantes retornadas”.
E engaden: “as convidadas a esta cita falarán da súa vida profesional, da conciliación familiar e laboral e das súas referentes”. Participarán: Carmela López, presidenta...
leer más







