Guateque

Etiquetas:
25/02/2026

O Concello de Cervo anuncia que o dúo Eclipse porá a música para unha tarde noite “chea de ritmo, baile e bo ambiente” no novo Guateque de Arruguiñas. Será este sábado, día 28 de febreiro, desde as 19:30 horas na Casa do Mar, de San Ciprián.

Ademais haberá bingo e chocolate, da man do alumnado de II Bach en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo coa colaboración tamén da Asociación de Xubilados Terramar.

23/12/2025

O día 30 de decembro, martes, haberá Guateque de Arruguiñas na Residencia e Centro de Día de San Ciprián, no municipio de Cervo. Será desde as 17:30 horas e estará amenizado polo dúo Venús.

É unha actividade organizada polo Concello de Cervo en colaboración Centro de Día Residencia San Ciprián.

 

Etiquetas:
17/12/2025

Este sábado, día 20 de decembro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas na Casa do Mar de San Ciprián, no municipio de Cervo. Será desde as 19:30 horas e estará amenizado polo dúo Estrellas.

É unha actividade organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terramar.

“Este Nadal teremos tamén Guateque de Arruguiñas. O vindeiro sábado convidámosvos a desfrutar dunha tarde noite chea de música, baile e bo ambiente co dúo Estrellas. Un plan perfecto para desfrutar, reencontrarse e celebrar xuntos estas datas tan especiais”, anuncia o Concello de Cervo.

Etiquetas:
21/11/2025

Este domingo, día 23 de novembro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas. Será ás 17:30 horas no local social da parroquia cervense de Lieiro e a música correrá a cargo do dúo Doble B, formado por Patricia Bazarra e Richard Blanco.

É unha actividade organizada polo Concello de Cervo coa colaboración da Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro.

Etiquetas:
11/11/2025

Este sábado, día 15 de novembro, haberá Guateque de Arruguiñas no pavillón da parroquia de San Román, no municipio de Cervo. Será desde as 18:00 horas e estará amenizado polo dúo Eclipse.

É unha actividade organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Veciños de San Román.

Etiquetas:
26/03/2025

Este sábado, día 29 de marzo, haberá un novo Guateque de Arruguiñas, que estará amenizado polo dúo Zafiro. Será nas Escolas Vellas de San Román ás 18:30 horas.

Está organizado polo Concello de Cervo en colaboración coa Comunidade de Montes de San Román.
 

Etiquetas:
18/03/2025

O Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 22 de marzo, “inauguramos a primavera cun novo Guateque de Arruguiñas”. Será na Escola de Rúa ás 20:00 horas e actuará o dúo Samba.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.

Etiquetas:
18/02/2025

Este sábado, día 22 de febreiro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 21:00 horas no Local Social de Trasbar e actuará o dúo Eclipse.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar.

11/02/2025

Este sábado, día 15 de febreiro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 20:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo e actuará o dúo Matices.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da asociación cultural Airiños do Xunto, dentro dos actos para conmemorar o 50 aniversario deste colectivo.

Etiquetas:
04/02/2025

O Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 8 de febreiro, hai novo Guateque de Arruguiñas. Será no Local Social da Senra ás 20:00 horas e actuará a cantante Verónica Cambón.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo coa colaboración da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal.