Guateque

Etiquetas:
21/08/2017

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos colabora coa comisión do Entroido na organización do II Guateque que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de agosto, a partir das 20:00 horas no parque de San Francisco.

O presidente de Acisa e tamén responsable da comisión do Entroido, David Martínez, explica que “dado que a primeira edición desta festa foi un éxito e debido a que a xente o pedía pola rúa, foi por iso que decidimos organizar esta segundo edición do Guateque, na que haberá comida e bebida”. Martínez anima “á xente a caracterizarse dos anos 60 e 70 e a achegarse ao parque de San Francisco, onde poderemos gozar de boa música  lembrando grandes éxitos daquelas épocas e aproveitaremos para mover o esqueleto con eses ritmos. É unha festa moi familiar e onde o ambiente é estupendo. Pensamos que é a antesala do final...

leer más