En San Román, Cervo, haberá un novo guateque de Arruguiñas este sábado, 27 de abril

Nas Escolas Vellas da parroquia de San Román, no municipio de Cervo, terá lugar un novo guateque do programa Arruguiñas, organizado polo Concello cervense. Será este sábado, 27 de abril, desde as 18:30 horas e estará amenizado polo dúo D´Caché

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da asociación de veciños de San Román.