Val das Fabas
24/09/2025
A décimo quinta edición da Carreira Val das Fabas disputarase en Lourenzá este sábado, día 27 de setembro, desde as 17:00 horas, cando sairán as categorías menores. E ás 18:00 horas comezará a proba absoluta, cun percorrido de 6.330 metros.
A XV edición da Carreira Val das Fabas foi presentada cun acto no que participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; o concelleiro de Deportes, Francisco Javier Súárez; Pablo Maseda, como presidente, e Miguel Gavín, como vicepresidente das Escolas Deportivas Lourenzá; Manuel Otero, como responsable de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Lugo; Mari Carmen Fornos, como responsable de Protección Civil; e Francisco León, como adestrador de atletismo do Maderas Barcia.
16/08/2015
Faltan 54 días para que volva a ver a luz unha das carreiras con máis sabor popular de Galicia, formando parte do programa da tradicional Festa da Faba. Será o 3 de Outubro de 2015, sábado, cando ás 16:30 arrancará a proba para categorías menores e ás 17:30 fará o propio na Carreira Verdina e na Carreira Galaica: "Dous desafíos nunha carreira".
Ésta é a principal novidade coa que se presenta esta edición, a sexta xa da Popular Val das Fabas 2015.
Todos os atletas participantes na categoría absoluta poderán escoller se participan na Carreira Verdina (7 kms) ou na Carreira Galaica (14 kms.) A verdina consta de 1 volta e a Galaica de 2 voltas ao circuíto Val das Fabas.
Ademáis haberá premios con...
leer más