Este martes, 31 de marzo, haberá Guateque de Arruguiñas na Casa do Mar de San Ciprián (Cervo)

O Concello de Cervo anuncia: “esta Semana Santa temos Guateque de Arruguiñas! O martes 31 de marzo na Casa do Mar, de San Ciprián, ás 19:30 horas. Ademais haberá bingo e chocolate, da man do alumnado de II Bach en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil”.

É unha actividade do Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terramar.