
Este sábado, día 20 de decembro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas na Casa do Mar de San Ciprián, no municipio de Cervo. Será desde as 19:30 horas e estará amenizado polo dúo Estrellas.
É unha actividade organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terramar.
“Este Nadal teremos tamén Guateque de Arruguiñas. O vindeiro sábado convidámosvos a desfrutar dunha tarde noite chea de música, baile e bo ambiente co dúo Estrellas. Un plan perfecto para desfrutar, reencontrarse e celebrar xuntos estas datas tan especiais”, anuncia o Concello de Cervo.


