
Este domingo, día 23 de novembro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas. Será ás 17:30 horas no local social da parroquia cervense de Lieiro e a música correrá a cargo do dúo Doble B, formado por Patricia Bazarra e Richard Blanco.
É unha actividade organizada polo Concello de Cervo coa colaboración da Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro.


