Este sábado, 28 de febreiro, haberá guateque en San Ciprián (Cervo)

O Concello de Cervo anuncia que o dúo Eclipse porá a música para unha tarde noite “chea de ritmo, baile e bo ambiente” no novo Guateque de Arruguiñas. Será este sábado, día 28 de febreiro, desde as 19:30 horas na Casa do Mar, de San Ciprián.

Ademais haberá bingo e chocolate, da man do alumnado de II Bach en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo coa colaboración tamén da Asociación de Xubilados Terramar.