Trasbar (Cervo) está en festas os días 16, 18, 19 e 20 de setembro

As festas de Trasbar, no municipio de Cervo, celebraranse os días 16, 18, 19 e 20 de setembro.

As actividades comezarán o mércores 16 ás 13:00 horas con misa solemne na honra á patroa, Santa Eufemia, e logo haberá sesión vermú co grupo Foles de Viveiro, dentro do programa Tradigalu, da Deputación de Lugo.

O venres 18 será a primeira verbena, a partir das 23:00 horas con Conxuro Discoteca Móvil.

O sábado ás 14:00 horas celebrarase misa solemne e procesión na honra a San Eufemina e a continuación sesión vermú coa orquestra Alabama, que tamén actuará na verbena coa Discoteca Móvil Conxuro.

E o domingo 20 ás 13:00 horas haberá misa solemne e procesión na honra á Virxe do Carme e Santa Antonio e despois sesión vermú longa co dúo Epok. E rematarán os actos ás 21:00 horas con misa solemne na antiga Capela de Arriba cantada polo Coro de Cervo.