Fútbol 8

18/09/2025

Na presentación do II Torneo de Fútbol 8 Concello do Valadouro participaron Manuel Otero Méndez (xefe de Servizo Deportes da Xunta de Galicia en Lugo); o alcalde, José Manuel Lamela Piñeiro; a concelleira de Deportes, Ana Rubal Balseiro; e a directiva do club local do val ACD Río Ouro. Este torneo desenvólvese esta fin de semana, sábado 20 e domingo 21 de setembro, nas instalacións do Campo do Árbol, de Ferreira do Valadouro.

O Concello do Valadouro anuncia que “esta competición de fútbol base espera seguir sendo un referente na bisbarra e en Galicia contando con 42 equipos de 3 categorías distintas, en total máis de 400 nenos e nenas de equipos de Galicia e Asturias”.

29/04/2025

A fase previa da XLI Copa Deputación de Lugo de fútbol 8 nas categorías prebenxamín e benxamín disputarase nos campos da Marosa, en Burela, este xoves, día 1 de maio.

Na presentación deste evento deportivo participaron Adrián Marrube e Diego dos Santos, como directivos da SD Burela, e Carmela López e Carlos Méndez en representación do Concello de Burela.

A SD Burela Agradecer á Real Federación Galega de Fútbol e ao Concello de Burela “as facilidades para que A Marosa viva unha gran xornada de fútbol base cos máis pequenos”.