Dani Caxete
A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro continúa coa aposta pola difusión do patrimonio relixioso e cultural da vila cun novo proxecto artístico: un mural de gran formato que se situará na contorna da Avenida de Lourdes. A obra estará dedicada á figura do Cristo da Agonía, un dos símbolos centrais da Semana Santa viveirense, declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
O mural será realizado por Dani Caxete, muralista e fotógrafo galego afincado en Madrid cuxa traxectoria foi recoñecida en varios países. “O seu estilo caracterízase pola forza expresiva e a profundidade simbólica e encaixa á perfección co espírito da Semana Santa de Viveiro”, explica o Concello.
A alcaldesa, Mariña Gueimunde, destaca que “este proxecto é unha mostra máis de como tradición e arte poden unirse para reforzar a nosa...
leer más