San Ciprián

09/07/2017

O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico Infantil que se celebrará en San Ciprián o sábado 22 de xullo, da man do Grupo Mistura de Liero.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita acompañados do Presidente do Grupo organizador, Claudio López, e da profesora dos pequenos, Claudia Muíño, xunto a unha representación precisamente dos membros máis novos do conxunto.

A cita terá lugar na Praza dos Campos, a partir das 19:00 horas, e está prevista a participación das seccións infantís de Ledicia de Burela, Os do 21 do Vicedo, Nova Semente de Celeiro, Río Miño de Portomarín e Mistura de Lieiro.

En total son máis de 100 os nenos e nenas os que actuarán nunha xornada na que o Concello de Cervo lles brindará un xantar de...

leer más
26/06/2017

O Concello de Cervo vén de mellorar a área de autocaravanas ubicada na zona da Veiga, instalando paneis informativos con todo tipo de información turística e de interese para os usuarios que inclúe a localización dos diferentes puntos turísticos e servizos fundamentais do municipio.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da edil de Turismo, Manuela Méndez, e do de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, estivo visitando a zona supervisando tamén as melloras que se acometeron na iluminación; conseguindo así unha zona de autocaravanas máis confortable para os visitantes; tendo en conta o éxito que está a ter verán tras verán e o beneficio que reporta tamén para o noso Concello”.

Villares recordou que a partir de agora e durante todo o verán “o goteo de autocaravanas que chegan ata o o noso Concello é constante...

leer más
Etiquetas:
19/06/2017

O Concello de Cervo convida a todos, veciños, familiares e visitantes, a que asistan ao espectáculo do Grupo Municipal de Teatro Infantil PimPin, que terá lugar o vindeiro xoves, 22 de xuño, na Casa da Cultura de San Ciprián.

O Grupo, formado por uns 40 pequenos, leva ensaiando intensamente varios meses da man da edil de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, para amosar o seu talento ante o público.

Caramés anunciou que a actuación é unha sorpresa que non deixará indiferente a ninguén, e avanzou que terá que ver cun formato televisivo de éxito no que os nenos e nenas deixarán boa mostra das súas habilidades escénicas e interpretativas

 

05/06/2017

O Concello de Cervo intensifica a actividade cultural de cara ao verán prestando especial atención á dinamización das diferentes salas expositivas coas que conta o municipio.
Así o sinalou a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a inauguración da mostra fotográfica Galicia Latente, de Eduardo Martís, que se poderá visitar ata o vindeiro 21 de xuño, na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián.

A mostra está formada por 35 instantáneas que representan con especial sensibilidade a etnografía de Galicia e que é o froito dun traballo do autor de catro anos nos que estivo percorrendo os diferentes concellos e cidades da Comunidade.

Caramés sinalou que un dos obxectivos do Concello de Cervo “é darlle dinamismo ás salas expositivas coas que contamos, e a nosa idea e que estean sempre vivas,...

leer más
17/05/2017

O Pavillón da Veiga acollerá o III Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” o 27 de maio.

A cita foi presentada no propio escenario da competición, no Pavillón da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e unha representación das tres categorías de voleibol que hai no seo das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo: Infantil e xuvenil feminino, e xuvenil masculino.

Ao longo de toda a xornada xogaranse 12 partidos de xeito practicamente ininterrompido nas categorías infantil e xuvenil feminino, e xuvenil masculino.

No campionato participarán o EDM Cervo, o C.D. Aldebarán San Sadurniño, o C.V. Naron Volea e o C.V. Emeve Lugo.

Haberá trofeos e medallas para os participantes.

Unha das...

leer más
03/05/2017

O vindeiro domingo, 7 de maio, a Casa da Cultura de San Ciprián acollerá un seminario de dirección a partir das 12:30 horas. Trátase dunha actividade paralela ao Nacional Junior de Baloncesto Feminino do que Cervo será sede, e que organizan o Concello de Cervo, conxuntamente co C.D San Ciprián e a Federación Galega de Baloncesto.

Os interesados en inscribirse poden facelo a través do correo adestradores@fegaba.com.
Na presentación estiveron presentes o edil de Deportes do Concello de Cervo, José Ramón Soto, o responsable do CD San Ciprián, Juanma López, e o responsable deportivo da Federación Galega de Baloncesto na zona da Mariña, Nacho Mota.

 

09/04/2017

O Concello de Cervo, en colaboración coa hostalería local, organizará o Sábado Santo, a XXIV edición da Festa do Mexillón, todo un clásico xa na Semana Santa do municipio.

Deste xeito, durante todo o día, os diferentes establecementos da vila ofertarán tapas que terán como denominador común o mexilón, en todas as súas variedades e en múltiples combinacións e receitas: en empanada, croquetas, ao vapor, en vinagreta, en pizza…

O rexedor, Alfonso Villares e a edil de Turismo, Manuela Méndez, presentaron, acompañados dos representantes da hostalería de San Ciprián, o cartel da festa.

Deste xeito, Villares sinalou que “o que pretendemos coa Festa do Mexillón é ofrecerles un aliciente máis as veciños que se quedan na localidade nestes días de Semana Santa, sabedores, claro está, de que as...

leer más
Etiquetas:
04/04/2017

O Concello de Cervo, a través da Delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, programou para o vindeiro sábado, 8 de abril, a actuación do recoñecido músico e arpista Rodrigo Romaní. A cita será ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.

Romaní formou parte do grupo Milladoiro durante 22 anos, e a partir do ano 2000 comezou a publicar discos en solitario.

A día de hoxe ten no mercado tres traballos en solitario: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012), e nestes intres está a preparar un novo disco que avanzará en primicia neste concerto.

Romaní é un multi-instrumentalista, ademais da arpa, toca a guitarra, o bouzouki e a ocarina, e tamén é vocalista. Realizou arranxos instrumentais, ademais dalgunhas letras do dúo Sete Saias.

... leer más
28/03/2017

Cervo acollerá o XIV Encontro de Palilleiras este vindeiro sábado, 1 de abril. Operarios municipais están a traballar estes días na posta a punto das instalacións, adecuando o pavillón da Veiga de San Ciprián que albergará  o evento, para que as palilleiras poidan traballar coa máxima comodidade.

Tamén se instalou, así mesmo, unha carpa de gran tamaño na que se ubicarán medio cento de postos de venda de produtos relacionados coa actividade, procedentes de todo o territorio nacional, que están cubertos xa dende hai semanas.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil delegada de Muller e Igualdade, Pilar Armada, estiveron supervisando os traballos de acondicionamento que avanzan a bo ritmo, e xa anunciaron que se tivo que pechar a inscrición  “porque o aforo do pavillón está completo con máis de 700 encaixeiras...

leer más
16/03/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de San Cibrao. 

A actividade terá lugar este sábado, 18 de marzo, en horario de mañá en tres quendas: 10.30h-11.30h, 11.30h-12.30h e 12.30h-13.30h.

A día de hoxe son unha vintena as persoas inscritas, e o prazo para anotarse pecha mañá, ás 12 do mediodía.

A inscrición está aberta a tódalas persoas maiores de 16 anos, que non teñan ningunha contraindicación médica.

Hai un máximo de 30 prazas. Os interesados poden anotarse na propia piscina de San Ciprián, chamando ao teléfono 609.42.32.10 ou enviando un correo electrónico a...

leer más