San Ciprián
As edís Manuela Méndez e Pilar Armada, mantiveron esta tarde unha xuntanza cos hostaleiros do municipio na Casa da Cultura de San Cibrao, para concretar a axenda de actos da XXVI edición da Festa do Ourizo, que, segundo anunciaron, este ano celebrase o sábado 18 de marzo, na carpa instalada na Praza dos Campos, como vén sendo habitual.
A concelleira delegada de Turismo, Manuela Méndez, aproveitou a presentación para convidar a todo mundo a asistir a esta Festa declarada de Interese Turístico Galego, “que naceu do pobo e pervive no tempo grazas ao esforzo conxunto; unha Festa que forma parte xa do patrimonio cultural de Cervo e da súa historia, e que, polo tanto, dende o Concello consideramos primordial poñer en valor, e render homenaxe a un marisco tan ligado a nós que co tempo, grazas en boa parte a esta celebración con máis dun cuarto...
leer más












