San Ciprián

12/05/2018

A Casa da Cultura de San Ciprián acolleu a presentación do Campus de Baloncesto EntreNós, que terá lugar na vila entre o 1 e o 7 de xullo.

Na rolda de prensa participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, o presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, o xogador do CB Clavijo, Erik Quintela –que participará activamente no Campus- e o presidente do CD San Ciprián, e club organizador, Eduardo Rubal.

Na actividade deportiva poderán participar todos os mozos e mozas nacidos entre o 2002 e o 2008 (ambos incluídos); e a inscrición permanecerá aberta ata o 25 de xuño.
O principal distintivo deste Campus é que tres xogadores en activo de primeiro nivel convivirán e adestrarán cos participantes día tras día; polo que os rapaces terán a oportunidade de compartir charlas e...

leer más
09/05/2018

A Praza dos Campos será o escenario para conmemorar o Día das Letras Galegas, en San Ciprián.

O grupo A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo, está a organizar unha xornada cunha ampla programación para a tarde do mércores, 16 de maio.

A cita, presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros da organización, comezará ás 18:30 horas con diferentes xogos tradicionais de balde dirixidos tanto aos nenos como aos adultos.

Ás 19:30 horas será a quenda da gastronomía a base de racións de panceta, chourizos e salchichas.

A tarde estará amenizada coa música do grupo local A Rebolaxe e da banda de gaitas de Burela Dambara; e ás 21:30 horas, porá o broche de ouro o grupo de música tradicional...

leer más
04/05/2018

A sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián acolle estes días a mostra Sentimentos Expresivos composta por unha trintena de obras autoría da pintora Camariñá Mª Luisa Rojo-Novais Grandío.

O alcalde, Alfonso Villares, foi o encargado de inaugurar a exposición, acompañado polos edís de Cultura, Muller e Deportes; ademais de pola propia artista.

A mostra poderá visitarse de luns a venres, ata o 31 de maio. Na inauguración a artista sorteou unha das súas obras entre as persoas asistentes, e resultou agraciada a veciña de San Ciprián, Mª Ángela Pita.

Nesta exposición a autora presenta unha trintena de obras de mediano e gran formato, realizadas sobre óleo e técnica mixta. Os materiais sobre os que se plasman poder ser lenzo, taboleiro náutico ou papel texturado lenzo. O fío...

leer más
Etiquetas:
27/04/2018

O grupo de teatro A Adala Infantil presenta a obra Mamasiña qué medo!, este sábado, 28 de abril, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de San Ciprián.

Conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro moi particulares. Na aldea había un ogro grande e temido pero un día, non se sabe moi ben como, volveuse pequeniño. O morcego que vivía con el saíu a buscar axuda e atopou a unhas bruxiñas ás que lles pediu que fixesen ao ogro outra vez grande. Pero cando intentaron axudar ao ogro non saíu todo como esperaban e volveuse grande de corazón aínda que o seu tamaño seguía a ser pequeniño. Nestas aparece en escena un aposto vampiro do que se namora a bruxiña máis vella, o que fixo que todo o pobo apoiara ao ogro que deixou de ser temido e fíxose amigo das xentes do lugar.

 

Etiquetas:
24/04/2018

A delegación de Cultura do Concello de Cervo, que dirixe Dolores García Caramés, organiza con motivo do Día do Libro, uns obradoiros de escritura e debuxo durante a fin de semana, dirixidos ao alumnado de infantil e primaria.

O sábado, 28 de abril, o taller desenvolverase na Biblioteca de San Ciprián, ás 12:00 horas; e o domingo na Biblioteca de Cervo, a esa mesma hora.

Os nenos e nenas poderán presentar os traballos que elaboren eses días ao Certame convocado con motivo do Día das Letras Galegas que está baseado na temática "como cambiou o conto" ou "como darlle a volta ao conto tradicional", por exemplo o lobo vexetariano, a caperuchiña feroz, unha bela que nunca dorme...

 

Etiquetas:
23/04/2018
Máis de 500 escolares procedentes de diferentes centros educativos da Mariña participarán na I Xornada de Educación Física na Rúa que terá lugar o vindeiro mércores, 25 de abril, en San Ciprián.
 
A actividade, organizada polo Seminario de Educación Físca da Mariña, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, os edís de Educación e Deportes, Dolores García Caramés e José Ramón Soto, respectivamente, o coordinador do seminario e profesor de Educación Física do CEIP Cervo nº1, Luis Escolar, e polo director deste colexio, José Ángel Riveira.
 
A inauguración do evento e a recepción dos participantes terá lugar ás 10:20 horas, na Praza dos Campos; e prolongarase ao longo de toda a mañá, ata as 13:45 horas....
leer más
15/04/2018

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, presentaron xunto coa artista mariñá Lara o concerto que vai ofrecer a que fora recanteira no Luar o vindeiro sábado, 21 de abril, no Auditorio da Casa da Cultura. 

A cita será ás 20:00 horas e a entrada é libre.

 

10/04/2018

O Concello de Cervo organiza un espectáculo musical que correrá a cargo do grupo Píscore este sábado, 14 de abril.

A actuación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas. A entrada é libre.

Píscore está formado por catro virtuosos percusionistas e presentan esta montaxe titulada, Concerto singular, que é unha comedia musical e xestual.

 

20/03/2018

O  Concello de Cervo celebrará XV Encontro de Palilleiras o sábado, 7 de abril, no Pavillón da Veiga, en San Ciprián.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil delegada de Muller e Igualdade, Pilar Armada, en compañía das palilleiras de San Ciprián.

Villares e Armada indicaron que xa se recibiron moitísimas chamadas de asociacións interesadas en participar no Encontro, e a día de hoxe xa temos preto de 500 palilleiras anotadas; “é moita a expectación que xera este evento no que levamos meses traballando, e é gratificante ver que ese esforzo se ve amplamente recompensado porque nos consta que as palilleiras que veñen a Cervo, quedan con ganas de repetir, e, de feito, a maioría volven visitarnos; a nosa é unha cita que teñen marcada no calendario de ano en ano”.

... leer más
11/03/2018

Trátase dunha recompilación dos traballos de Ángel Picos, Sergey Sozonov e Diego Pérez, membros de asociación cultural Galioart, de Ortigueira, que poderá ser visitada desde o luns 12 ata o 28 de marzo.

Son unhas corenta obras de diferentes estilos as que se poden ver na sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.