Camovi
O Pazo de San Marcos, en Lugo, acolleu a presentación da décimo quinta edición da Camovi, que se celebrará os días 18 e 19 de abril na contorna do monte San Roque de Viveiro.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará un ano máis na organización da proba, que conta con máis de 900 persoas inscritas nas diferentes modalidades de participación -C42K, C21K, C10K, C42K RELEVOS, CamoviKIDS e unha andaina- e que completou xa as prazas dispoñibles nas distancias 21 e 10 quilómetros.
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, destacou a Camovi como “unha das máis importantes do país” e que “supón unha fin de semana espectacular para un concello como Viveiro, grazas ao bo traballo do club e da organización que leva anos traballando para posicionar esta carreira a nivel internacional”.
... leer másO director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou este venres a Carreira de Montaña CAMOVI, nun acto no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. O evento, que chega en 2026 á súa 15 edición, celebrarase o 18 e o 19 de abril e “enmárcase na aposta que Turismo de Galicia está facendo en Viveiro apoiando a súa promoción turística e potencial deportivo, as festas locais e festivais coma o Resurrection cun investimento global de case de 1 millón de euros”, anuncia a Xunta de Galicia.
Xosé Merelles destacou na presentación a aposta da Xunta polos eventos deportivos que “concentran un importante poder de convocatoria para o turismo. Desde a Xunta de Galicia estase a promover esta modalidade turística, un impulso que se exemplifica con eventos coma a carreira CAMOVI, que conta cunha programación...
leer másA Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación da carreira por montaña polos montes de Viveiro Camovi – Gran Premio Xacobeo, que chegará á súa 13ª edición a vindeira fin de semana – sábado 20 e domingo 21 de abril –. A Administración galega patrocina un ano máis esta cita, organizada polo club deportivo Camovi.
A secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, participou na presentación xunto co xefe do servizo de Deporte, Manuel Otero; a xefa da área de Turismo, Paloma Vázquez; o presidente da Camovi, Felipe Martínez; un dos organizadores da carreira, Horacio Albo; ademais de representantes doutras institucións implicadas no evento.
A carreira suma 900 inscritos nas distintas modalidades: distancias de 42, 21 e 10 quilómetros; carreira de remudas de 42 quilómetros; andaina e Camovi Kids,...
leer más





