Violencia
O Castelo de Castrodouro, en Alfoz, acolle a exposición itinerante titulada Á violencia de xénero dille... Non!. Estará aberta ata o día 14 de febreiro e pode visitarse neste horario: de xoves a domingo, de 15:00 a 18:30; e os domingos, de 10:30 - 14:00 horas.
Esta actividade enmárcase no programa do Concello de Alfoz contra a violencia de xénero.
O día 31 de xaneiro,venres, ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Viveiro terá lugar unha charla informativa sobre Agresións Sexuais e Violencia Sexual, dirixida á mocidade e impartida por Angélica Mercado, especialista en xénero e políticas de igualdade. Esta actividade está enmarcada nas accións promovidas pola Consellería de Política e Igualdade, enfocadas na loita contra a violencia de xénero.
O Concello de Viveiro anuncia que “durante a charla abordarase a sensibilización e prevención de situacións de violencia sexual, un tema fundamental para a nosa sociedade. A participación de todos e todas é crucial para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”.
O Concello do Vicedo organiza unha charla dedicada á prevención da violencia sobre a infancia e adolescencia. Será este xoves, día 19 de decembro de 17:00 a 19:00 horas na Casa da Cultura.
É unha actividade dirixida a familias, persoas coidadoras habituais e cidadanía en xeral.
A charla, con acceso libre, será impartida por Noelia Rigueiro, técnica de Intervención Familiar da Fundación Meniños.
Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia é o lema elixido polo Concello para a conmemoración do 25N. A programación das actividades, que se desenvolverán do 11 ao 26 de novembro, foi presentada pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e polo subdelegado en Galicia da Asociación Española de Gardas Civís, Germán Vale.
A edil ribadense dixo que “na antesala do 25 de novembro, o Concello álzase con determinación baixo o lema Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia. O lema convida a tod@s, a unirse neste esforzo conxunto por un futuro onde a igualdade prevaleza sobre a violencia”.
O subdelegado en Galicia da Asociación Española de Gardas Civís, Germán Vale, indicou que “desde a Asociación Española de Gardas Civís de Galicia estamos moi sensibilizados coa violencia de xénero, xa que...
leer másMujeres en Igualdad Provincial de Lugo - Bumei, o Concello de Foz e Os Sendeiros organizan unha andaina contra a violencia de xénero. Será o día 18 de novembro, sábado, a partir das 10:00 horas. A saída será desde as inmediacións da praia da Rapadoira para camiñar 16 quilómetros ata Cangas de Foz, desde onde haberá autobuses para que os participantes volvan ao punto de partida.
A inscrición é gratuíta, pero para participar hai que apuntarse antes do 13 de novembro. Pode facerse a través dos teléfonos 609.83.76.45, 606.71.84.82 ou 670.36.90.17.
Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero o Concello de Foz organiza unha concentración este venres, día 25, con lectura dun manifesto e tamén de textos por parte do alumnado do IES de Foz contra a violencia de xénero e na defensa dos dereitos das mulleres de todo o mundo.
A concelleira focega Ana Rojo explica que “este ano o Concello de Foz, a través da área de Muller e Igualdade, conmemora o 25N (Día internacional contra a violencia de xénero) cunha serie de actos que comezou cunha andaina organizada pola asociación de camiñantes de Barreiros, coa colaboración de Mulleres en Igualdade da provincia de Lugo, xunto coa asociación Os Sendeiros de Foz, onde recollemos o testigo como símbolo da loita contra a violencia de xénero e a repulsa de todo o pobo de Foz. Ano tras ano este testigo irase pasando entre todos os...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, en colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), coa asoc. Saúde Mental A Mariña e co CEIP de Cervo, programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.
Así, ese mesmo venres 25, ás 11:00 horas está prevista unha andaina que partirá da unidade residencial da asoc. Saúde Mental A Mariña, á que se incorporará o alumnado do CEIP de Cervo, e que rematará na Casa do Concello onde unha usuaria da asoc. Saúde Mental lerá un manifesto escrito por unha muller vítima de violencia de xénero. A continuación gardarase un minuto de silencio.
Como actividade complementaria o propio CEIP de Cervo interpretará un tema en linguaxe de...
leer másO Concello de Lourenzá organiza desde mañá, martes, ata este sábado, día 26, varias actividades co lema Saca tarxeta vermella contra violencia de xénero.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia: “este ano queremos reservar toda a semana para visualizar e reivindicar esta lacra social que segue presente na nosa sociedade. A través de distintas actividades tentaremos concienciar á veciñanza da importancia que ten recoñecer esta realidade e do necesario que é loitar contra ela para así poder erradicala. A programación das actividades faise conxuntamente pola Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Mercedes Dengra e a Concellería de Deportes, da que é responsable Sonia Gavino”.
A rexedora municipal engade que “o martes e o mércores no taller de memoria o alumnado lerá testemuñas de varias persoas que sufriron algún...
leer másA proposta do Goberno local inclúe actividades próximas ao 25-N, pero tamén nos vindeiros meses
O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Muller dirixida por Lara Fernández Fernández-Noriega, anuncia a programación con motivo do 25-N, Día Internacional contra a violencia de xénero. O programa propón actividades que coinciden cos días próximos á efeméride, pero tamén iniciativas que se desenvolverán ao longo do ano, cun carácter transversal.
“Dende o Concello de Viveiro temos un firme compromiso coa loita contra a violencia de xénero. O programa deste ano buscar chegar a todas as idades, con especial atención aos centros educativos e á xuventude”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
As actividades comezarán o luns 21 de novembro, co obradoiro “Violencia de xénero e...
leer más- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »