Cross
Ribadeo acollerá o día 13 de decembro, sábado, o Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26, que terá lugar a partir das 10:30 horas no Campamento Xuvenil da Devesa. A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou: “seguimos albergando competicións deportivas en Ribadeo, que son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería. O pasado 29 de novembro xa tivemos unha proba clasificatoria na Devesa e agora celebrarase o Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26 o vindeiro 13 de decembro nas mesmas instalacións”. O edil dixo tamén: “estamos moi contentos de acoller este tipo de eventos en Ribadeo”.
Na presentación participaron o...
leer másRibadeo acollerá o sábado 29 de novembro a proba clasificatoria Cross Xogade A Mariña 2025-26, que se celebrará no Campamento Xuvenil da Devesa a partir das 11 da mañá. A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou: “estamos moi contentos de seguir acollendo actividades deportivas en Ribadeo. Son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería”. E engadiu: “seguiremos nesta liña, porque contamos cunha instalacións deportivas excepcionais, nas que estamos a realizar investimentos importantes para mantelas nas mellores condicións posibles para a practica do deporte local e para acoller eventos coma este, que hoxe presentamos”.
...
leer másRibadeo acollerá o vindeiro domingo, 17 de novembro, a 2ª Preparatoria Cros A Mariña. A proba está organizada por Xogade e pola Xunta de Galicia, que contan coa colaboración de Deporte Galego, Gadis, Clun, Club Atletismo Ribadeo e Concello.
O evento foi presentado esta mañá en Santa Cruz coa asistencia de Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes; Ana Ferradás, presidenta do Club Atletismo Ribadeo; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; e Iván López, técnico municipal de Deportes.
O edil de Deportes contou que “na proba, que se desenvolverá na Área Recreativa de Santa Cruz, daranse cita arredor de 250 participantes. A saída está prevista para as 11 da mañá, a carón do monumento ao gaiteiro”.
Silvent engadiu que “queremos aproveitar para o uso deportivo a Área...
leer másCangas de Foz acollerá o IV Cross Popular Os Castros e o campionato galego de cross o 22 de outubro.
O club de atletismo Ría de Foz organiza a cuarta edición do Cross Popular Os Castros para o 22 de outubro, domingo, en Cangas de Foz. Será pola tarde e nesa mesma xornada pola mañá haberá tamén o campionato galego de campo a través.
Os organizadores explican: “este ano o noso club dá un pasiño máis organizando o campionato galego de cross por equipos nas categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub23, Absoluta e por Relevos Mixtos. Na xornada da mañá do 22 de outubro celebrarase o Campionato Xunta de Galicia, mentres que pola tarde organizaremos a IV edición do Cross Popular Os Castros. Se estás federado, fala cos teus compañeiros/as e inscribe ó teu equipo para participar no campionato galego. (Inscricións en sdp.rfea.es). Se non estas federado ou non sodes suficientes para formar un equipo poderás participar pola tarde no IV Cross Os Castros. (...
leer másRibadeo estrea unha sala de cross na piscina municipal. Conta cunha superficie de 140 metros cadrados e está destinada a adestramentos de alta intensidade. O investimento realizado por BeOne ascende a máis de 216.000 euros.
O alcalde, Dani Vega, subliñou que “Ribadeo mellora as instalacións da piscina municipal. Vai contar cunha nova sala de cross de 140 metros cadrados para adestramentos de alta intensidade. Iso o que demostra é que a colaboración coa empresa que está a xestionar a piscina municipal é total e absoluta. Quero agradecer o seu traballo, a súa dedicación e a súa profesionalidade”.
Para o rexedor “investir en deporte é investir en saúde e desde o Concello valoramos positivamente a inversión que fai esta empresa de máis de 216.000 euros neses 140 metros cadrados que van estar dedicados ó deporte”....
leer más
O día 12 deste mes terá lugar en Xove I Ruta de Enduro “EnducrossXove”. As prazas son limitadas e o prezo da inscripción é de 30 euros. A saída será ás nove da mañá e os organizadores ofrecen máis información nos teléfonos 678 801479 (Oscar) e no 667 308479 (Jose). O Concello de Xove colabora na organización desta I Ruta de Enduro “EnducrossXove”.








