Xosé Vizoso

31/10/2025

O Concello de Mondoñedo anuncia que a partir do martes 4 de novembro de 2025 ás 10 da mañá poderase solicitar o libro de homenaxe a Xosé Vizoso, que se presentou durante As San Lucas deste ano, na Oficina de Turismo de Mondoñedo.

“As condicións de entrega do mesmo, aprobadas pola Comisión Organizadora dos Eventos de Homenaxe a Xosé Vizoso, son as seguintes: o libro entregarase de forma gratuíta, non terá custo algún; só se entregará un exemplar por persoa; a recollida debe ser presencial na Oficina de Turismo de Mondoñedo, non se fará ningún tipo de envío; e non se farán reservas telefónicas nin de ningún outro tipo”, explica o Concello de Mondoñedo.

Etiquetas:
14/10/2025

O Concello de Cervo en colaboración coa asociación Airiños do Xunco celebrará este sábado 18 de outubro ás 19:30 horas un acto no que a Sala das Carboeiras, situada no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, será bautizada como Sala Cultural Xosé Vizoso, en homenaxe ao recoñecido artista e creador, recentemente falecido, “cuxa pegada artística e humana permanecerá para sempre ligada á identidade cervense. Unha idea que partiu da asociación Airiños do Xunco a raíz do falecemento do ilustrador e que desde o Concello se valorou e apoiou desde o primeiro intre. Así como tamén se están a valorar outras propostas presentadas por distintas asociacións e colectivos locais para continuar recoñecendo e poñendo en valor a figura e o legado de Xosé Vizoso no ámbito cultural cervense”, explica o Concello de Cervo.

A alcaldesa, Dolores García...

leer más
Etiquetas:
23/06/2025

O Concello de Burela acollerá ata o día 24 de xullo, na sala de arte da Casa da Cultura, unha nova exposición da obra do artista gráfico Xosé Vizoso.

O Concello de Burela anuncia que “o artista gráfico, nado en Mondoñedo e finado no pasado mes de febreiro, volve deste xeito á vila mariñeira nunha mostra que estará dispoñible para a súa visita durante un mes”.

Este martes, 24 de xuño, será a inauguración da exposición ás 19:30 horas. O horario de visitas será de luns a venres entre as 11:00 e as 13:00 e entre as 18:00 e as 20:00 horas.

A veciñanza de Burela e visitantes poderán coñecer de preto a obra do mindoniense ata o vindeiro día 24 de xullo. Esta impulsada por Arraianos Producións, o Concello de Burela, a Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial de Lugo.

... leer más
10/05/2025

O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo acolle durante este mes de maio a exposición titulada Universo Vizoso, comisariada por Aser Álvarez e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra reúne preto dun cento de carteis e ilustracións, que amosan a evolución creativa do artista mindoniense alén da súa traxectoria como deseñador de Sargadelos, e inclúe a súa escultura San Froilán, unha peza do Museo Provincial de Lugo que sae por primeira vez desta espazo para acompañar a itinerancia da exposición.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, participou na inauguración, acto no que explicou que “a mostra xurdiu como unha proposta para recoñecer e divulgar a obra de Xosé Vizoso no marco do Día da Ilustración, que se dedicou este ano á súa obra” e sinalou “a itinerancia da mostra en Mondoñedo como un recoñecemento e homenaxe á...

leer más
07/05/2025

O Concello de Mondoñedo anuncia que este xoves, día 8 de maio, ás 17:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Universo Vizoso no Centro Sociocomunitario mindoniense. A mostra, que versa sobre a obra do artista Xosé Vizoso, recentemente falecido, permanecerá aberta ao público durante un mes na cidade episcopal.

O Concello de Mondoñedo convida “a toda a cidadanía á asistir a este acto e a visitar a exposición deste ilustre mindoniense durante as vindeiras semanas”.

13/04/2025

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, na parroquia de Cabanas (O Vicedo) organiza unha xornada en lembranza ao artista Xosé Vizoso, recentemente falecido. Será o día 19 de abril, sábado.

As actividades comezarán ás 18:00 horas coa proxección da curtametraxe documental titulada Lembrando a Vizoso, de Arraianos producións e tamén haberá un coloquio titulado Xosé Vizoso e Sargadelos, co director do documental, Aser Álvarez

Ademais ás 19:30 horas o colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra de teatro O traballo de Andrea. Ao remate haberá unha conversa co director e o elenco do espectáculo.

A entrada é de balde para esta xornada organizada pola asociación cultural Volta e Dálle.