O libro de homenaxe a Xosé Vizoso entregarase na Oficina de Turismo de Mondoñedo desde o 4 de novembro

O Concello de Mondoñedo anuncia que a partir do martes 4 de novembro de 2025 ás 10 da mañá poderase solicitar o libro de homenaxe a Xosé Vizoso, que se presentou durante As San Lucas deste ano, na Oficina de Turismo de Mondoñedo.

“As condicións de entrega do mesmo, aprobadas pola Comisión Organizadora dos Eventos de Homenaxe a Xosé Vizoso, son as seguintes: o libro entregarase de forma gratuíta, non terá custo algún; só se entregará un exemplar por persoa; a recollida debe ser presencial na Oficina de Turismo de Mondoñedo, non se fará ningún tipo de envío; e non se farán reservas telefónicas nin de ningún outro tipo”, explica o Concello de Mondoñedo.