ACIA Foz

Etiquetas:
19/01/2015
Javier Castiñeira invita aos lucenses a participar na XII Festa do Berberecho, que se celebrará en Foz do 23 ao 25 deste mes.

 

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira,invita aos veciños da capital da provincia a participar na décimo segunda edición da Festa do Berberecho, que se celebrará en Foz do 23 ao 25 deste mes e que foi presentada hoxe en Lugo. No acto celebrado na sede central da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, tanto o rexedor municipal focense como o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos(ACIA) de Foz, José Carlos Paleo destacaron a gran vinculación existente entre a capital da provincia e o municipio focense.

Castiñeira explicou que "esta presentación en Lugo fíxose porque hai moita xente desta cidade que ten a súa segunda residencia en Foz, tamén son moitos os focenses que van de compras a Lugo e moitos os lucenses que disfrutan...

leer más
Etiquetas:
30/12/2014
ACIA Foz - CCA repartirá en xaneiro 3.000 euros nunha nova edición do Campañazo. Cada venres outorgaranse 300 euros á primeira persoa que cante bingo e outros 300 entre o resto de cartóns premiados.

 

En xaneiro de 2015 chega una nova edición do Campañazo da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) – Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz, que repartirá 3.000 euros en vales de compra durante os venres 2, 9, 16, 23 e 30 do vindeiro mes. Os sorteos serán retransmitidos en directo por Radio Foz a partir das 23:00 horas. Cada venres haberá un premio de 300 euros en vales de compra para o primeiro que cante o bingo e varios premios que sumarán outros 300 euros entre o resto de cartóns premiados. Os interesados poderán conseguir os seus cartóns comprando e consumindo nos 43 comercios e 24 locais hostaleiros que participan no Campañazo.

Nesta nova edición do Campañazo para o mes de xaneiro participan os comercios: Librería Bahía / Din Don, Cenor Belianorte, Catorce Cero Catro Shop, Carnicería...

leer más