O Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín sorteando 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica

O Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín sorteando 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros no noso comercio entre os días 2 e o 18 de febreiro poderán entrar no sorteo de 4 vales de compra de 100 euros cada un e dunha escapada romántica. O sorteo farémolo en Radio Foz o día 19 de febreiro”.

Paleo anima “a apostar unha vez máis polos negocios locais nos que podemos atopar todo o que precisamos par sorprender ás nosas parellas. Na hostalería de Foz tamén haberá propostas gastronómicas para celebrar o día de San Valentín”.

Outro clásico destas datas é o doce afrodisíaco, unha cita na que participan Anduriña, Los Dulces de Delphine e Xoyma, que ofrecerán as súas preparacións os días 13, 14 e 15 de febreiro: “levamos varios anos endulzando o día dos namorados desde as pastelerías de Foz. Agardamos que neste 2026 funcione tamén moi ben a proposta doce”.

Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración de Comercio Galego, Xunta de Galicia e Concello de Foz.

En Foz xa se respira o Entroido 2026 porque este sábado, 31 de xaneiro, terá lugar a coroación do Rei do Entroido e todos os locais asociados a Acia Foz-CCA dispoñen de cartelería específica para esta cita tan especial na que se pode ler Isto é Foz, aquí hai Carnaval.

E os locais asociados a Acia Foz contarán ademais con cartelería do Día Mundial contra o Cancro e o 4 de febreiro lucirán lazos verdes nos seus escaparates “como mostra de apoio e solidariedade desde a nosa asociación”.