A campaña Euro Solidario, de Acia Foz-CCA, para apoiar á AECC desenvólvese ata o 11 de maio

Acia Foz-CCA colabora por noveno ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolve do 24 de abril ao 11 de maio. Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anunciou: “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que tivo unha boa acollida nas edicións anteriores e agardamos que tamén a repita neste 2026”.

Na presentación da campaña participaron, xunto a José Carlos Paleo, o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a concelleira de Comercio, Kathy Navarro; e a presidenta da AECC Delegación de Foz, Pilar García.

Euro solidario está organizada por Acia Foz-CCA a beneficio da AECC coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.