Cabanas

23/04/2026

O Teatro das Cortes, na aldea de Cabanas (O Vicedo) acolleu a presentación do programa Da Barraca á Aula: A memoria das festas. Isa Coldeira e Anxo García, da Asociación Cultural Morreu o Demo e mais Lucho Penabade, do Teatro das Cortes, daban a coñecer o programa e mais a proposta deste espazo cultural mariñao para os vindeiros meses.

Entre as primeiras propostas do programa atópase a xornada Onde foi Barriga Verde? que se celebrará no propio Teatro das Cortes este sábado, día 25 de abril, e que inclúe a exposición titulada A arte dos Silvent, un obradoiro de creación de monicreques para persoas adultas, unha representación de Barriga Verde a cargo de Viravolta Títeres e máis un retrinco da Brigada Teatral das Cortes sobre o 25 abril portugués. Todas as actividades serán de balde. Para se inscribir no...

leer más
27/11/2025

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), organiza a Tarde do Porco de Pedra este sábado, 29 de novembro, que será o último día da programación desde ano 2025.

As actividades comezarán ás 18:00 horas con Ofrendas teatreiras e diálogos co Porco de Pedra dos Andrade. Ás 19:00 horas actuarán os artistas convidados: X.H. Rivadulla Corcón, con O porco Vladimir e outras historias e Anxo Moure, con Pés de lobo. E ás 20:30 horas haberá un  concerto de Erikas e Peluxías, con Ugía Pedreira

A entrada é de balde.

21/05/2025

O Teatro das Cortes, que está na parroquia vicedense de Cabanas, acollerá o día 24 de maio o Sábado das Letras Cantareiras.

As actividades, con entrada de balde, comezarán ás 18:00 horas cun recital aberto e actuación do grupo As Faíscas, da asociación Os do 21, do Vicedo. E ás 20:00 horas haberá unha actuación da compañía Talía Teatro, que ofrecerá o espectáculo Bicos con lingua.

Da organización desta xornada encárgase a asociación cultural Volta e Dalle.