Xabier Díaz
A Deputación de Lugo anuncia que “as San Lucas de Mondoñedo, que este ano celebran a súa 870ª edición, encaran a recta final esta fin de semana cunha programación especial Terra de encontros, que ofrecerá durante toda a xornada do sábado diversas actividades culturais e tradicionais. Os principais atractivos serán os concertos gratuítos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e de Luar na Lubre, dous referentes da cultura galega que porán o broche musical á celebració”n.
A iniciativa, impulsada pola Deputación de Lugo en colaboración coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, comezará ás 12:00 horas na Praza da Catedral con xogos tradicionais a cargo de Xotramu. Pola tarde, ás 17:00 horas, os pasarrúas percorrerán as rúas da cidade con saídas desde tres puntos diferentes: a zona da Alameda, o barrio dos Muíños e o Auditorio...
leer másA música de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre porá son a Feira do Ferro de Riotorto cunha actuación o sábado 18 de abril ás 22.00 horas, na véspera da Feira.
O concerto, impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, “pretende ampliar a dimensión cultural e patrimonial da Feira e poñer en valor o traballo de montaxe previo ás demostracións e obradoiros dos ferreiros, que se desenvolve durante a tarde do sábado”.
O músico coruñés visitou este venres forxa de Agustín de Faustino, un dos ferreiros en activo, onde coñeceu os detalles deste oficio artesán e a súa tradición en Riotorto. Tamén compartiron lembranzas sobre informantes do concello que Xabier Díaz coñeceu durante as súas recollidas como Daniel e Eugenio Fernández -os...
leer másA Vicepresidencia da Deputación colaborará na programación da Feira do Ferro de Riotorto cun concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre o día 18 de abril, sábado.
“A actuación amplía o impacto dinamizador da feira a toda a fin de semana e pon en valor o traballo de montaxe previo ás demostracións e obradoiros dos ferreiros, que se desenvolve durante esa tarde”, destaca a Vicepresidencia da Deputación, que engade: “a actuación encádrase na programación que a área de Cultura organiza por toda a provincia en colaboración co tecido asociativo e cos concellos para fomentar a presenza da música tradicional e dos artistas e bandas de música en galego en festivais, festas e celebracións populares”.
Ademais a deputada Iria Castro trasladou á Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto o apoio da...
leer másXabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán este domingo, día 5 de outubro, en San Miguel de Reinante (Barreiros) dentro do ciclo Polavilas no paraíso, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A actuación, ás 13.00 horas na pista da festa de San Miguel de Reinante, coincide coa celebración das festas desa parroquia, “un contexto elixido para achegar a música tradicional e en galego a todos os públicos”, anuncia a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O concerto contará coa participación do grupo de música tradicional O Arco da Vella, que acompañará a Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre nalgúns dos temas do repertorio, un repaso aos seus últimos catro discos - The Tambourine Man, Noró, As Catedrais silenciadas e Axúdame a sentir- que teñen a pandeireta como instrumento central.
... leer másO deputado Daniel García e o músico e compositor Xabier Díaz presentaron este luns o ciclo de concertos “Polavilas no paraíso”, que o levarán actuar no concello de Barreiros. Será en San Miguel de Reinante o día 5 de outubro ás 13:00 horas.
A Vicepresidencia da Deputación explica que en Barreiros “gozarán dos concertos que Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre están a realizar neste 2025, cun repertorio que repasa os catro discos editados desde 2015, coa pandeireta como instrumento central e o acompañamento de Adufeiras de Salitre”.
Na presentación, na que participaron a deputada provincial de Cultura, Iria Castro, e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, “destacouse a puxanza da música tradicional e da música en galego nos últimos anos e valorouse a necesidade de facer partícipe deste dinamismo a todos os públicos,...
leer más







