Coral de Ribadeo

21/11/2025

A Coral Polifónica de Ribadeo actuará na igrexa da parroquia ribadense de Piñeira este domingo, día 23 de novembro, ás 12:00 horas. Será o seu tradicional concerto para celebrar Santa Cecilia.

“Un encontro musical para celebrar á patroa da música nun entorno único”, anuncia o Concello de Ribadeo.