Buses

05/08/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, ofrece servizo de autobús para desprazarse a San Ciprián (Cervo) este sábado, 10 de agosto, con motivo da celebración da festa da Maruxaina. Os autocares terán saídas desde Ribadeo, Barreiros e Foz.

O primeiro servizo sairá de Ribadeo ás 17:00 horas e o segundo ás 21:00 horas e fará paradas para recoller viaxeiros en Barreiros e Foz. Para regresar tamén haberá dous servizos, un ás 05:00 e o outro ás 07:00 horas. O prezo da viaxe de ida e volta é de 10 euros por persoa.

A reserva de prazas pode facerse na axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, ou a través do teléfono 676.44.54.65.

 

Etiquetas:
21/03/2018

O venres, 23 de marzo, comezarán a funcionar novas rutas de autobús con oito paradas diarias na praia das Catedrais, que estarán operativas ata o 2 de abril para cubrir a demanda durante a Semana Santa. Os horarios axustaranse en cada xornada segundo as previsións da marea baixa.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda incluíu a previsión de cubrir estes traxectos no contrato de adxudicación coa empresa que realiza o servizo de transporte por autocar entre Ribadeo e Foz para os  períodos de maior concorrencia de visitantes, a Semana Santa e o verán, entre os meses de xullo e setembro.

Balseiro lembrou que xa está en marcha o operativo de visitas guiadas e acceso con autorización, que será necesaria entre os 23 de marzo e o 2 de abril....

leer más