Viños e tapas

11/12/2014
Lourenzá acollerá esta fin de semana os Días de Viños e Tapas. Ademais, o 20 e 21 de decembro, celebrarase o Mercado de Nadal no Mercado Gandeiro coa participación dunha trintena de postos.

 

Lourenzá acollerá os Días de Viños e Tapas este fin de semana, concretamente o venres 12 e o sábado 13, e o Mercado de Nadal celebrarase no mercado gandeiro os días 20 e 21 cunha trintena de postos. Estes dous eventos están organizados pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) e contan coa colaboración do Concello de Lourenzá. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que "o Concello colabora, un ano máis, coa celebración do Mercado de Nadal que organiza a asociación de comerciantes locais o fin de semana dos días 20 e 21 deste mes de decembro. Será no mercado gandeiro e alí desde as 10 da mañá ata as 9 da noite poderán visitarse os distintos stands e participar nas diferentes actividades que ACIAL preparou para as xornadas. Durante estes dous...

leer más