El Brujo
25/04/2026
O recoñecido actor Rafael Álvarez El Brujo actuará en Viveiro este domingo, día 26 de abril, as 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz.
O Concello de Viveiro anuncia que é “un espectáculo único. Un monólogo en clave de humor sobre o destino na traxedia grega, estreado no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida 2024, onde conquistou a milleiros de espectadores. Unha oportunidade para gozar dun dos grandes nomes da escena nun espectáculo cheo de talento, humor e reflexión”.



