Euro Solidario
Acia Foz-CCA potencia as campañas do Día da Nai e do Euro Solidario, que continuarán no vindeiro mes de maio.
Acia Foz-CCA sorteará unha obra de arte dunha artista local e 400 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai, que daba comezo o pasado 24 de abril e que se prolongará ata o 5 de maio.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anima a facer as compras desta especial data no comercio local: “en Foz contamos cun comercio moi variado no que atopar todo o que precisamos para agasallar e sorprender ás mamás o vindeiro domingo”. Aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio de Foz entre o 24 de abril e o 5 de maio entrarán no sorteo dunha obra de arte doada por unha artista local e 400 euros en vales de compra, repartidos en catro premios de 100 euros cada un. O sorteo terá lugar o 8 de...
leer másAcia Foz-CCA colabora por noveno ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolve do 24 de abril ao 11 de maio. Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anunciou: “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que tivo unha boa acollida nas edicións anteriores e agardamos que tamén a repita neste 2026”.
Na presentación da campaña participaron, xunto a José Carlos Paleo, o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a concelleira de...
leer más




