O xuízo

20/11/2025

O Concello de Alfoz continúa co Circuíto de Teatro Afeccionado 2025. Este sábado, día 22 de novembro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz representarase a obra O xuízo, a cargo da compañía Metátase Teatro. Con entrada de balde.

É unha comedia para todos os públicos cunha duración de 65 minutos. “Trátase dun espectáculo que visibiliza a enorme contribución das mulleres á cultura galega ao longo dos séculos. A través dun peculiar xuízo, o público reflexiona -sempre en clave de humor- sobre o uso do galego, os nosos hábitos, prexuízos e relación coa lingua”, explica o Concello de Alfoz.