Federación
Desde a Federación de Comercio A Mariña a súa presidenta, Carmen Cruzado, dixo que “estamos moi contentas de poder seguir sumando asociacións desta comarca á FCAM. Cantas máis sexamos máis cousas poderemos facer polo noso comercio e pola dinamización dos nosos pobos”.
Cruzado Iglesias indicou que “son precisamente as asociacións máis cativas, como a de comerciantes da Pontenova, que conta cuns vinte negocios asociados, as que precisan tamén do apoio e das axudas económicas das diferentes administracións para poder organizar actividades ao longo do ano. Son colectivos que non contan con xerencia e que necesitan de colaboracións para subsistir”.
A presidenta da FCAM comentou que “desde a FCAM este ano, ao igual que xa fixemos en 2025, tentaremos organizar actividades ou eventos en todas as vilas nas que contamos con...
leer más



