Acia Foz-CCA sorteará dez soños de Nadal. A campaña terá lugar do 12 de decembro ao 6 de xaneiro

Acia Foz-CCA sorteará 10 Soños de Nadal o vindeiro 8 de xaneiro, xoves. A campaña terá lugar do 12 de decembro ao 6 de xaneiro.

O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, anuncia: “xa está en marcha a nosa campaña destas datas na que sortearemos 10 Soños de Nadal. Será entre todas as persoas que realicen compras superiores a 10 euros nos negocios asociados ente o 12 de decembro e o 6 de xaneiro”. O día 8, a través de Radio Foz, terá lugar o sorteo de 10 premios de 100 euros cada un en vales de compra.

Paleo anima “a seguir apostando polo comercio local, que é o que lle da vida ás nosas rúas e ao noso pobo. En Foz atoparemos todo o que precisamos para sorprender nestas datas e para que un soño de Nadal se faga realidade”.

Acia Foz-CCA encheu de color e de ilusión a vila co reparto de alfombras e de cartelería da campaña de Nadal así como das cartas que as máis pequenas e os máis pequenos lles poderán escribir a Papá Noel e aos Reis Magos de Oriente. Un ano máis Acia Foz-CCA premiará aos escaparates máis orixinais e bonitos: “a xente esmérase cada vez máis e queremos ter un recoñecemento con eses negocios que se enchen coa maxia do Nadal”, engade José Carlos Paleo, presidente de Acia Foz-CCA.

Para a campaña de Nadal Acia Foz-CCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz. Na presentación participaron, entre outros, o alcalde, Fran Cajoto, e o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo.