
Acia Foz-CCA sorteará unha obra de arte dunha artista local e 400 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, animou a facer as compras da esa data no comercio local: “en Foz contamos cun comercio moi variado no que atopar todo o que precisamos para agasallar e sorprender ás mamás o vindeiro 3 de maio”. E explicou que “aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio de Foz entre o 24 de abril e o 5 de maio entrarán no sorteo dunha obra de arte doada por unha artista local e 400 euros en vales de compra, repartidos en catro premios de 100 euros cada un”. O sorteo terá lugar o 8 de maio en Radio Foz.
Paleo engadiu: “ademais de regalar agardamos que a xente aproveite a ocasión para celebralo no hostalería local”.
Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración de Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz. Na presentación, que tivo lugar este xoves, 23 de abril, participaron o alcalde focense, Fran Cajoto; a concelleira de Comercio, Kathy Navarro; e o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo.


