Ribadeo acollerá o 29 de novembro a proba clasificatoria Cross Xogade A Mariña 2025-26

Ribadeo acollerá o sábado 29 de novembro a proba clasificatoria Cross Xogade A Mariña 2025-26, que se celebrará no Campamento Xuvenil da Devesa a partir das 11 da mañá. A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou: “estamos moi contentos de seguir acollendo actividades deportivas en Ribadeo. Son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería”. E engadiu: “seguiremos nesta liña, porque contamos cunha instalacións deportivas excepcionais, nas que estamos a realizar investimentos importantes para mantelas nas mellores condicións posibles para a practica do deporte local e para acoller eventos coma este, que hoxe presentamos”.

Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o técnico de Deportes do Concello ribadense, Iván Rodríguez; a presidenta do Club Atletismo Ribadeo, Ana Ferradás; e Rubén García, secretario de A.D.E. A Mariña.