Madeira
O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para unha nova actividade formativa: os cursos de talla en madeira, que se desenvolverán a partir do mes de outubro na Escola de Vilar Betote, na parroquia de Sante.
As sesións terán lugar todos os martes, en horario de 20:30 a 22:30 horas, e están dirixidas a persoas maiores de 15 anos. Non é necesario ter experiencia previa, polo que a actividade está aberta a todo tipo de participantes. O custo é de 40 euros mensuais e cada persoa deberá aportar o seu propio material de traballo que se detallará na primeira sesión.
O prazo de inscrición remata o 3 de outubro, podendo formalizarse nas oficinas municipais do Concello ou a través do teléfono 982.135.011.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou: “seguimos ampliando a nosa oferta de...
leer másLa asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza un viaje al archipiélago de Madeira (Portugal) para abril del próximo año 2025 y las personas que quieran participar tienen de plazo para apuntarse hasta el día 12 de noviembre.
“Para el próximo mes de abril vamos a realizar un viaje a Madeira. Será en Semana Santa, 6 días y 5 noches, en régimen de pensión completa y habitación doble. La salida está programada para el martes 15 de abril y el regreso será el domingo 20”, explican los organizadores.
Para más información las personas interesadas pueden contactar la asociación Os Sendeiros a través de los teléfonos 606.71.84.82 (Laura) o 670.36.90.17 (Morís).
O auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo) acollerá o sábado 11 de novembro as XII Xornadas de Construción Naval en Madeira, tituladas "Un mar de madeira: singraduras pendentes", que organiza a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), que conta coa colaboración do Concello de Cervo.
As actividades desenvolveranse a partir das 10:00 horas, co acto de inauguración a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez; a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; e o presidente de Agalcari, Ramón Collazo Mosquera. E a xornada será clausurada ás 14:00 horas pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo.