soberanía dixital

26/11/2025

O venres 5 de decembro ás sete da tarde a Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo (rúa Antonio Otero, 19), acollerá o evento titulado Soberanía Dixital IX: Administración electrónica. Ferramentas e axuda.

Está organizado polo colectivo amarinha.gal, que anuncia: “unha actividade pensada para favorecer o manexo e control das ferramentas coas que nos relacionamos coas institucións. Quen queira participar e teña algunha dúbida aínda está a tempo non só de preguntar na sesión senón tamén de facer propostas para tratar ferramentas ou temas en concreto, para o que se pediu ós asistentes que transmitiran as necesidades que observen, da petición de cita no Sergas á instalación de Chave365 ou o certificado dixital, por poñer varias posibilidades. Para transmitilas pódese poñer en contacto con Mario Penelo ou outro...

leer más
22/04/2025

O venres 2 de maio, ás cinco e media da tarde, a Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho acollerá o evento Soberanía Dixital IV: blogs, información descentralizada. É unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión dunha ferramenta de difusión de coñecemento e creación como son os blogs.

Os organizadores desta actividade explican que “esta charla-taller e posterior coloquio é a cuarta actividade do ciclo que se desenvolverá ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, nos locais da biblioteca ribadense cedidos polo Concello a tal fin, locais solicitados e concedidos polo Concello para sucesivas actividades. Neste caso co obxectivo de difundir o coñecemento, manexo e posibilidades dun sistema como son os blogs que incide nas nosas posibilidades de Soberanía...

leer más