Estrea
A Concellería da Cultura do Valadouro informa da estrea da Banda de Música Mestre López do Valadouro. Será na mañá do día grande das Festas do Oito, o luns día 9 de setembro.
Esta nova formación musical acompañará a solemne procesión do Día da Patroa e interpretará varias pezas a continuación na Praza de Santa María, de Ferreira.
Desde Trípode explican: “estamos de volta! De novo a comedia, de novo a reflexión sobre os escenarios. De novo na Casa da Cultura do Valadouro, que tan fermosos momentos nos fixo vivir. De novo na tradicional e popular Semana do Teatro de inicios de setembro. Os de Trípode estamos de estrea, mais non estreamos zapatos nin chaqueta, senón unha nova representación teatral, A presa, unha historia baseada en feitos e en sentimentos reais: cando a modernidade destrúe a sinxeleza e a fermosura do natural, non é boa. A veciñanza de Fontefría loita contra o proxecto dun encoro descomunal que asolagará a súa aldea e a súa felicidade”.
A estrea de “A presa” será o domingo, 1 de setembro, ás 22:00 horas.
E engaden “esperamos contar coa túa compañía para rir e pensar xuntos. Grazas ao concello do Valadouro por apoiarnos e...
leer másEsta fin de semana estréase en Ribadeo a película O home e o can, de Ángel de la Cruz. O domingo, tras a proxección, haberá un coloquio co director e coa actriz barreirense Estíbaliz Veiga.
O alcalde, Dani Vega, declarou que “temos unha moi boa nova, O home e o can estréase en Ribadeo. É unha produción de Ézaro Films dirixida por Álgel de la Cruz. Este director sabemos todos que xa puxo a Ribadeo no panorama do cine con Os mortos van á presa, película rodada na vila mariñeira de Rinlo”.
O rexedor contou que “neste caso trátase dunha longametraxe, que conta un drama real sen adornos. Esta película vaise estrear en Ribadeo, en ningunha outra vila da provincia, so en Ribadeo e logo nas grandes cidades como por exemplo A Coruña ou Vigo”.
Vega subliñou que “Ribadeo será unha desas 21 salas...
leer másA Pontenova acollerá a obra de teatro “Albergue Casa Marelo. O Misterio da Vía Rexia”, presentada pola Escola Municipal de Teatro con dramaturxia de Guillermo Cancelo.
A obra representarase na Casa da Cultura de Pontenova o vindeiro 17 de xullo as 20:30 horas.