Galeatro
Galeatro representará a obra titulada Berenguela na gaiola este sábado, día 21 de febreiro, ás 18:00 no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.
É unha obra dirixida ao público infantil maior de 6 anos. A autora e directora é Paula Carballeira e o elenco artístico está formado por Alba Bermúdez, Atenea García e Tone Martínez.
A sinopse é a seguinte: “nunha residencia da terceira idade traen de volta á Berenguela, una anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e...
leer más



