TVG
12/06/2025
Ribadeo acollerá este sábado, día 14 de xuño, a gravación do programa Aquí Galicia Fest, que emite a Televisión de Galicia (TVG). Será desde as 12:00 horas no peirao de Porcillán, onde tamén haberá unha sesión vermú.
Neste evento participarán estes artistas e grupos: Lucía Veiga, Dani Polo, Isabel Blanco, As Liantas (Tamara Pérez e Belén Vara), G Face, Aquí Galicia Band, a Coral Polifónica de Ribadeo, De Ninghures e Lucía Pérez.