Vilameá

Etiquetas:
05/08/2025

Do 8 ao 10 de agosto a parroquia de Vilameá (A Pontenova) converterase no epicentro da música, a gastronomía e a tradición coa celebración das súas Festas na honra da Virxe das Neves e San Roque. Tres días de programación para todos os públicos, organizados pola Comisión de Festas, que combinan actos relixiosos, comidas populares e grandes actuación musicais.

O arranque será este venres, 8 de agosto, coa gran churrascada, servida a partir das 22:00 horas. No menú non faltarán a empanada, o churrasco, o chourizo, a sobremesa, a bebida e o café, cun prezo de 20 euros para adultos e 12 euros para nenos/as de 3 a 12 anos. As entradas poden adquirirse en Orli Lavandera, Sidrería A Mina, Librería Eugenia e Panadería Millán, ou a través dos membros da comisión: Mónica (686 010 078), Diego (666 746 096), Pada (686 207 135) e Modesto (606 178 109)...

leer más
23/05/2025

A parroquia de Vilameá, no concello da Pontenova, celebrará a súa Festa das Flores este sábado, día 24 de maio.

As actividades empezarán ás 19:45 horas con misa e despois procesión. Ás 22:00 horas comezará unha cea veciñal e rematará a xornada festiva cunha verbena na que actuarán a cantante Verónica Cambón e DJ Bombardero.

Etiquetas:
01/08/2024

Un ano máis Vilameá xa está preparada para acoller as súas festas na honra á Virxe das Neves e San Roque. Durante a fin de semana do 9 ao 11 de agosto, a parroquia contará con orquestras, djs, churrasco e todo o necesario para pasar uns días marabillosos.

O venres, 9 de agosto, haberá festa co grupo Alma latina e dj Bombardero, pero iso será despois da gran churrascada. Cun prezo de 18 euros para os adultos e de 12 euros para os menores de 12 anos, os asistentes poderán saborear empanada, churrasco, chourizo, postre, bebida e café. Os tíckets poderán recollerse en Orli Lavandera, Sidrería A Mina, Librería Eugenia ou chamando a algún dos membros da comisión nos seguintes números: 686010078 (Mónica), 666746096 (Diego) e 686207135 (Pada).

O sábado, 10 de agosto, a xornada comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne...

leer más
16/05/2024

A parroquia de Vilameá, no concello da Pontenova, celebrará a súa Festa das Flores este sábado, 18 de maio, no Campo da Igrexa.

As actividades empezarán ás 19:00 horas con misa solemne e despois procesión. Ás 21:00 horas haberá sesión tardeo amenizada pola cantante Verónica Cambón e ás 22:00 comezará a cea de veciños, familiares e amigos. E rematará a xornada festiva cunha verbena na que actuarán Verónica Cambón e DJ Bombardero.