15 mulleres
O Edificio Multiusos de Ourol acolle ata o día 4 de novembro a exposición titulada ExpressArte - 15 visións, “unha mostra que nos achega, a través da fotografía e da arte, a diferentes realidades e experiencias vividas por mulleres vítimas de violencia de xénero. A exposición reúne o traballo artístico de 15 mulleres, que reinterpretan obras de arte recoñecidas desde unha perspectiva de xénero, ofrecendo novas miradas e convidando á reflexión sobre a igualdade, a liberdade e o respecto”, explica o Concello de Ourol, que engade: “unha proposta que combina arte, compromiso social e igualdade, contribuíndo á sensibilización e á prevención da violencia de xénero desde o ámbito local”.
É unha actividade organizada no marco do acordo de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a FEGAMP para a conformación dunha...
leer más



