
A parroquia de Vilameá, no concello da Pontenova, celebrará a súa Festa das Flores este sábado, día 24 de maio.
As actividades empezarán ás 19:45 horas con misa e despois procesión. Ás 22:00 horas comezará unha cea veciñal e rematará a xornada festiva cunha verbena na que actuarán a cantante Verónica Cambón e DJ Bombardero.